NOVAS

O alcalde de Narón e alumn@s de Santiago Apostol prantan árbores en Castro

Publicado o 27 de Febreiro de 2013

José Manuel Blanco, o noso alcalde, e Pablo Mauriz, Concelleiro de Servizos, asistiron o pasado 26 de febreiro a un acto organizado pola Corporación Masaveu.

A Corporación Masaveu é a propietaria da fábrica de cemento de Castro e organizou as súas Xornadas de Sensibilización Medioambiental, na que se prantaron un total de 52 árbores: nogais, cereixos, perais e maciñeiras. Colaboraron na prantación tanto o alcalde José Manuel Blanco como Pablo Mauriz, acompañados pol@s alumn@s de 6º de Primaria do Colexio Santiago Apostol de Narón.

Esta xornada tivo lugar por terceiro ano consecutivo no exterior da fábrica de molenda, no Polígono do Río do Pozo. Esta fábrica comezou o seu funcionamento alá polo 2007. no ano 2009 foi adquirida por Cementos Tudela Veguín, pertencente ao Grupo Masaveu.

A pranta de cementos de Narón dispón dun Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente de acordo coas normas ISO 9001 e ISO 14001, e conta coa Autorización Ambiental Integrada dende o inicio da súa actividade, obtendo recentemente a renovación da mesma por un período de oito anos. Os requisitos desta autorización obrigan a cuidar ó máximo as medicións en continuo das emisións, inmisións, o control do nivel sonoro perimetral ou o control das augas de verquido, que no caso da molienda de Narón teñen sempre uns valores moi inferiores ós legalmente establecidos.