NOVAS

O Apalpador xa está entre nós!

Publicado o 19 de Decembro de 2012

O Apalpador!!

Hai uns días que unha extraña personaxe anda polas rúas de Narón: O Apalpador!!

Trátase dunha personaxe que estará durante este Nadal en Narón, convidado polo Concello e a Asociación de Comerciantes, dentro da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.

O “Apalpador”  percorrerá as rúas e os comercios de Narón durante estas datas (dende hoxe e ata o sábado 29 de decembro) pero tamén participará na Gala do Comercio (o 21 de decembro no Auditorio da Praza de Galicia), nas Festas Infantís (o martes 25 no Alto, e o sábado 29 en Santa Icía) e viaxará a bordo do tren navideño (o mércores 26).

Os barrios nos que os nenos poderán atoparse con esta figura, típica de Galicia, son O Alto, A Gándara, Santa Icía, Estrada de Castela, e o Alto do Castiñeiro.

O “Apalpador” declarou que era “un pracer estar por estas terras, xa que me dixeron cousas moi boas de Narón e do seu comercio”. Ven disposto a repartir caramelos e deixarse fotografiar con tódolos nenos/as de Narón e doutros puntos da comarca.

A ver quen se atreve a facerse unha foto con el!!