NOVAS

o auditorio de Narón acolleu a XIII Gala da Federación Galega de Triatlón e Pentatlon Moderno

Publicado o 06 de Febreiro de 2012

O Auditorio da Praza de Galicia acolleu o sábado a XIII Gala da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, na que se homenaxeou ós mellores deportistas do ano 2011, entre os que destaca o naronés Brais Canosa (que aínda que compite co Club Arcade Inforhouse de Santiago, entrena co Club Náutico de Narón).

O Auditorio da Praza de Galicia acolleu o sábado a XIII Gala da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, na que se homenaxeou ós mellores deportistas do ano 2011, entre os que destaca o naronés Brais Canosa (que aínda que compite co Club Arcade Inforhouse de Santiago, entrena co Club Náutico de Narón).

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, que exerceu de anfitrión, dando a benvida a todos os deportistas y mandar unha efusiva felicitación as premiadas e premiados. Blanco, sabedor dos beneficios do deporte na sociedade, destacou a firme aposta do Concello de Narón pola práctica deportiva e ofreceu o dato de que máis de 1.500 jóvenes fan deporte nas escolas municipais do Concello. Ao final da gala de entrega de premios, Paco Villanueva, o presidente da Federación Galega de Triatlón, agradeceu toda a axuda prestada dende o Concello para organizar o acto e deu as grazas de forma especial ao propio alcalde e a Natalia Hermida, a edil de Deportes, así como aos trabajadores del Padroado.  

O presidente da Federación Galega de Triatlón tamén mostrou a sorpresa pola non comparecencia de ningún responsable da Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, que este ano eliminou todas as axudas destinadas ao triatlón.

A Gala foi clausurada polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e contou coa presenza de Javier Gómez Noya (medalla de bronce no Campionato do Mundo 2011 de tríatlon), Iván Raña e Pilar Hidalgo (premiada pola sua traxectoria deportiva). Entre os galardoados tamén estiveron os compoñentes do Cidade de Lugo Fluvial, campións da Superliga tanto na categoría masculina coma feminina.

En conxunto, máis de 50 deportistas foron premiados, nas especialidades de Tríatlon e Péntatlon moderno, nas diferentes categorías (dende alevín ata veteráns 3) masculina e feminina. Tamén se recoñoceron ás promesas do tríatlon e do péntatlon, e ós mellores deportistas élite e o mellor club de tríatlon.