NOVAS

O Concello e a empresa Vitaldent asinan un convenio de colaboración en materia de educación vial

Publicado o 27 de Decembro de 2011

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o delegado da firma Vitaldent en Narón, Amador Lores, asinaron un convenio de colaboración en materia de educación vial.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o delegado da firma Vitaldent en Narón, Amador Lores, asinaron un convenio de colaboración en materia de educación vial.

Este acordo supón a primeira colaboración entre a administración municipal e esta empresa privada, para a realización de actividades de educación vial durante os anos 2012 e 2013 nos centros educativos de Narón.

Ó amparo deste convenio,a empresa Vitaldent realizará unha donación de 1.000€ que irá destinada á merca de equipación deportiva relacionada coa educación vial, a través do equipo de educación vial do Concello de Narón.

Como contraprestación, o Concello comprométese a que esta marca participe nos vindeiros dous anos nas actividades relacionadas co programa de Educación Vial Municipal, que desenvolven en Narón o equipo formado polo policía local Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos, nos colexios, institutos e escolas infantís de Narón.