NOVAS

O Concello organiza a sesión “Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción”

Publicado o 24 de Abril de 2023

O salón de actos do IES As Telleiras acollerá mañá, martes, día 25, unha sesión dirixida a familias na que se abordará o tema “Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción”. 

 

 

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a iniciativa se enmarca no programa municipal de Prevención de ludopatías en menores que se desenvolve cos centros de ensino da cidade. “É unha proposta máis encamiñada a dotar aos menores da cidade e ás súas familias dunha serie de ferramentas que lles permitan evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías”.

Taibo explicou que poden asistir á convocatoria, que dará comezo ás 16.30 e rematará sobre as 18.00 horas, as familias que o desexen. Durante este tempo, apuntou, crearase “un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía”.

A edil naronesa informou que co obxectivo de que poidan asistir todas as familias que o desexen, organizouse un servizo de conciliación que estará operativo no horario da citada sesión. As persoas interesadas en facer uso deste servizo deben solicitalo a través dos números de teléfono 722 405 724 ou 639 099 457.