NOVAS

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade

Publicado o 06 de Xullo de 2022

O programa está destinado a facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.

O prazo para poder solicita-las axudas abriu o pasado 1 de xuño, e está destinado a facilitar ao colectivo de entre 18 e 35 anos o pago da renta da súa vivenda habitual. Poderán beneficiarse desta axuda as persoas que reúnan uns certos requisitos, como son, entre outros:

  • Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
  • Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.
  • Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda. 
  • Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
  • Etc...

Ás persoas que cumpran estes e outros requisitos concederáselles unha axuda de 250 euros mensuais polo prazo de dous anos, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario VI482E. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2022 ou ata esgotar o orzamento.

Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/23640-bono-alugueiro-mocidade