NOVAS

O Pazo da Cultura e o Auditorio acollen esta fin de semana teatro para adultos e familias

Publicado o 26 de Xaneiro de 2012

O prezo das entradas é de 9€ para público en xeral, 6,30€ abonados e 5€ para usuarios do carnet xove ou estudiantes ata 25 anos.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 28 de xaneiro o espectáculo “Oeste solitario” da compañía Produccións Teatrais Excéntricas S.L. Trátase dunha comedia de 1 hora e 45 minutos de duración, que dará comenzo ás 20:00 horas e está dirixida a maiores de 14 anos. O prezo das entradas é de 9€ para público en xeral, 6,30€ abonados e 5€ para usuarios do carnet xove ou estudiantes ata 25 anos.

As entradas poden adquirirse dende hoxe nas taquillas do Pazo da Cultura, de 10:00 a 13:30 horas e de 18:00 a 20:00 horas, e o sábado a partir das 17:00 horas. Os protagonistas desta  historia son Valene e Colenman, dous irmáns que mal voltan do enterro do seu pai, comenzan a disputar o que o vello deixou, convertendo a casa nun campo de batalla. O elenco artístico está formado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, baixo a dirección de Quico Cadaval.

O domingo 29 de xaneiro haberá teatro infantil no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, no que se representará a obra “Kafka e a boneca viaxeira” da compañía EME2 EMOCION&ARTE. O espectáculo está dirixido a nenos/as a partir de 6 anos, comenzará ás 18:00 horas e terá unha duración de 60 minutos. O prezo das entradas é de 5€ para o público infantil e 7€ para adultos. As entradas se comenzarán a vender unha hora antes do espectáculo.

Un ano antes da súa morte, paseando polo parque Steglitz de Berlín, Franz Kafka atopou unha nena que choraba desconsolada: perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, o autor de A metamorfose inventou unha peculiar  historia: a boneca non se perdera, marchara de viaxe, e él, convertido en carteiro de boneca, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque.

O relato, escrito por Jordi Serra i Fabra e dirixido por Cristina Domínguez, está protagonizado por Xosé Manuel Oliveira, Rocío González e Mercedes Castro.