NOVAS

O prazo de inscrición no curso “Informática e internet avanzado” da plataforma Cemit remata mañá

Publicado o 10 de Abril de 2023

O prazo para anotarse no curso “Informática e internet avanzado” convocado a través da plataforma Cemit remata mañá. 

A convocatoria, dunha duración total de 224 horas, tal e como avanzou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, desenvolverase do 12 de abril ao 30 de xuño na Aula Cemit de Xuvia, en horario de 9.30 a 13.30 horas. 

Entre os contidos do curso, abordaranse temas relacionados con aplicacións informáticas e tratamento de textos: creación de táboas, corrección de textos, creación de etiquetas e estilos, traballo con documentos longos, automatización de tarefas repetitivas, configuración de páxina…

Así mesmo, haberá un apartado sobre aplicacións informáticas de follas de cálculo, con temas como operación con rangos, fórmulas, funcións, almacenamento e recuperación dun libro, edición e modificación de follas de cálculo, etc. 

A programación inclúe un terceiro apartado sobre seguridade informática a nivel usuario, entre cuxos temas están a seguridade informática, a activa e a pasiva, identificación dixital e fraude, consellos, ameazas e fraudes nos sistemas de información, etc.

A edil naronesa informou que hai un total de doce prazas e explicou que as persoas interesadas se poden inscribir a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41748