NOVAS

Os pés: coidados básicos

Publicado o 21 de Febreiro de 2013

Aínda que son unha das partes máis importantes que ten o noso corpo son os grandes esquecidos en canto a coidados se refire.

Sabíades que:

  1. os vosos pés percorren unha distancia oito veces a volta ao mundo ao longo da vosa vida?
  2. un axeitado coidado dos pes pode previr afeccións nos xeonllos, cadeiras e costas e pode axudar a mellorar a vosa calidade de vida?

 

Aínda que son unha das partes máis importantes que ten o noso corpo son os grandes esquecidos en canto a coidados se refire.

 

Os problemas máis comúns dos pés:

  • callos, durezas, e outras alteracións dérmicas
  • fungos
  • papilomas
  • alteracións nas uñas: encarnadas, grosas...
  • dedos tortos
  • problemas no apoio
  • metatarsalxias: dor na pranta, neuromas...

 

Hai un profesional que vos pode axudar: o podólogo. Podólogo? o que? Podólogo é o especialista sanitario universitario que se encarga de facer a prevención, a diagnose e o tratamento dos problemas nos pés.

Queredes coidarvos un pouco máis? Aquí tedes uns consellos básicos:

  1. lavar os pés tódolos días, con xabón neutro e auga tibia
  2. secalos con coidado, sobre todo entre os dedos
  3. manter unha boa hidratación dos da pel dos pés, pero sen deixar crema entre os dedos xa que favorece a aparición de fungos
  4. cortar as uñas dos pes rectas
  5. medias e calcetíns de fibras naturais a poder ser: seda, fío, lá... e sen que vos opriman
  6. non manipular as lesións, pode ter graves consecuencias: nada de usar callicidas, ou coitelas
  7. practicar exercicio regularmente axuda a activar a circulación sanguínea dos pés

 

E non esquezades ir unha vez ao ano ao podólogo! Non sabedes onde podedes atopar un? En Galicia temos o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia: http://copoga.com/

Se vos gusta moito o tema da saúde e do coidado dos pés, e queredes dirixir o voso futuro académico por ese camiño debedes saber que no Campus de Ferrol, a Universidade da Coruña ten as instalacións da Facultade de Enfermería e Podoloxía: http://www.enfermeriaypodologia.com/