NOVAS

Planning cultural en Narón 2013

Publicado o 31 de Decembro de 2012

Gústavos a ópera

 o teatro, a música, o cine ou os monólogos? Algo desto supoñemos que si, non?

Pois este primeiro trimestre do 2013 xa o tedes comprometido con Narón. O Pazo da Cultura acollerá neste período diferentes espectáculos culturais que traerán ao noso Concello moi bos actores do cine e da tv, como son Maribel Verdú ("El laberinto del Fauno") ou Gabino Diego ("Torrente 2: Misión en Marbella"). Mola, mola! Gabino Diego vai actuar na obra “Una noche con Gabino diez años después” da compañía Pentación Espectáculos (anotade: sábado 14 de febreiro), e Maribel Verdú vai protagonizar a obra “El tipo de la tumba de al lado” (tomade nota: sábado 2 de marzo).

Que máis? Ópera “El barbero de Sevilla” da compañía Concerlírica (o sábado 23 de marzo)

Algún concerto? Si, claro, como non! Tamén haberá espazo para a música, coa actuación de Berrogüeto (o sábado 12 de xaneiro) ou co musical de Tributo a Queen de The Young Comedy (o domingo 10 de febreiro).

Adxuntámosvos o Programa de actuacións do primeiro trimestre do 2013, en formato PDF para que o descarguedes e o teñades da vosa man.

Comezamos o ano con renovada forza cultural!

   
Documento Tamaño
1º TRIMESTRE 2013.pdf 50.75 KB