NOVAS

Prazas de Auxiliar de Conversación de Lingua Española no Extranxeiro

Publicado o 07 de Xaneiro de 2013

Queredes ir dar unha volta e coñecer algo de mundo? Hai vida lonxe de Narón? 

Hai convocadas prazas para auxiliar de conversación de lingua española en diferentes centros docentes no extranxeiro.

Queredes ir dar unha volta e coñecer algo de mundo? Hai vida lonxe de Narón? Haina...esta é unha boa oportunidade para descubrila.

As praza son en centros docentes de: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nova Zelandia, Portugal e Reino Unido. Estes postos son para o ano académico 2013-14.

Ata cando o podo pensar? Tedes para darlle voltas ata o 15 deste mes de xaneiro do 2013.

As prazas están así repartidas:

  • Alemaña: 120 prazas
  • Austria: 30 prazas, dirixidas a:

a. Licenciado en Filoloxía Alemá.

b. Grao da área de coñecementos de Artes e Humanidades relacionado con estudos de Linguas e Literaturas Estranxeiras, Linguas Modernas ou Lingüística con alemán como primeira especialidade.

c. Grao ou Licenciado en Tradución e Interpretación, con alemán como primeira ou segunda lingua estranxeira.

d. Mestre con especialidade en lingua estranxeira, se se ten incluída a lingua alemá no plan de estudos.

e. Grao de Mestre Bilingüe ou con Mención en Lingua Estranxeira, se ten incluída a lingua alemá no plan de estudos.

f. Estudante do último curso correspondente a algunha das titulacións anteriores.

  • Bélxica: 15 prazas
  • Canadá: 1 praza
  • Francia: 490 prazas, para xente que teña:

a. Licenciado en Filoloxía Francesa.

b. Licenciado en calquera Filoloxía, se se ten incluída a lingua francesa no seu plan de estudos

c. Grao da área de coñecementos de Artes e Humanidades relacionado con estudos de Linguas e Literaturas, Linguas Modernas ou Lingüística, se se acreditan coñecementos de francés.

d. Grao ou Licenciado en Tradución e Interpretación, con francés como primeira lingua estranxeira.

e. Grao en Lingua e Literatura Española ou Románica ou Estudos Hispánicos, se se ten incluída a lingua francesa no seu plan de estudos.

f. Mestre con especialidade en francés como primeira lingua estranxeira.

g. Grao de Mestre Bilingüe ou con Mención en Lingua Estranxeira francés.

h. Estudante do último curso correspondente a algunha das titulacións anteriores.

  • Australia: 2 prazas
  • Estados Unidos: 27 prazas
  • Canadá: 2 prazas
  • Irlanda: 12 prazas
  • Malta: 4 prazas
  • Nova Zelandia: 3 prazas
  • Reino Unido: 350 prazas que cumpran con algún destes requisitos:

a. Licenciado en Filoloxía Inglesa.

b. Grao da área de coñecementos de Artes e Humanidades relacionado con estudos de Linguas e Literaturas Estranxeiras, Linguas Modernas ou Lingüística con inglés como primeira especialidade.

c. Grao ou Licenciado en Tradución e Interpretación, con inglés como primeira lingua estranxeira.

d. Mestre con especialidade en inglés como primeira lingua estranxeira.

e. Grao de Mestre Bilingüe ou con Mención en Lingua Estranxeira inglés.

f. Estudante do último curso correspondente a algunha das titulacións anteriores.

  • Italia: 20 praza, que teñan os seguintes estudos:

a. Licenciado en Filoloxía Italiana.

b. Grao da área de coñecementos de Artes e Humanidades relacionado con estudos de Linguas e Literaturas Estranxeiras, Linguas Modernas ou Lingüística con italiano como primeira especialidade ou incluído no seu plan de estudos.

c. Grao ou Licenciado en Tradución e Interpretación, con italiano como primeira ou segunda lingua estranxeira.

d. Licenciado en calquera Filoloxía se se ten incluída a lingua italiana no seu plan de estudos.

e. Estudante do último curso correspondente a algunha das titulacións anteriores.

  • Portugal: 2 prazas, que cumpran algún destes requisitos:

a. Licenciado en Filoloxía Portuguesa.

b. Grao da área de coñecementos de Artes e Humanidades relacionado con estudos de Linguas e Literaturas Estranxeiras, Linguas Modernas ou Lingüística con portugués como primeira especialidade ou incluído no seu plan de estudos.

c. Grao ou Licenciado en Tradución e Interpretación, con portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira.

d. Estudante do último curso correspondente a algunha das titulacións anteriores.

Se queredes máis información podédela consultar no BOE do 14 de decembro de 2012 e en: www.educacion.gob.es/educacion/actividad-internacional