NOVAS

Programa de Festas do Nadal 2012

Publicado o 14 de Decembro de 2012

Festa, festa e festa! 

Para este Nadal imos ter moita troula pero sen esquecernos de ser un pouquiño solidarios.

Presentouse onte no Concello o programa coas actividades preparadas para celebrar estas datas. Todas van ser de balde, así que non hai excusa para faltar!

  • 22 de decembro, sábado: Ás 16:30 na Praza de Galicia, Festival Solidario do Motoclub Fojeteiros, que inclúe a IV Xornada Moteira Solidaria e o II Concurso de Debuxo do Nadal 2012. A este festival vai vir Papá Noel, vai facer un oco para que os rapaces e rapazas de Narón lle fagan as peticións de última hora. Tamén haberá unha exhibición do Balileactivo na que poderemos participar todos os asistentes e a actuación da orquesta Arde Leixa. Todo esto baixo carpa e con moito café, leite e chocolate para servir.

 

  • 23 de decembro, domingo: Continuará o programa festivo coa celebración do I Mercado de Obxectos de 2ª Man, no recinto feiral do Trece (Sedes). Abrirá en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, e actualmente xa están tódolos postos (70) cubertos, dado que o número de solicitudes superou con creces a oferta realizada dende o Concello.

 

  • 31 de decembro, luns: A Festa de Fin de Ano celebrarase como en edicións anteriores nunha carpa climatizada da Praza de Galicia, de 1.200 m2 de superficie, e equipada con mesas, cadeiras, ropeiro e cafetería. As orquestas que nos van facer mover as cachas van ser as orquestas Filadelphia e La Oca.

 

  • 3,4,5 e 6 de xaneiro de xoves a domingo: A Praza de Galicia acollerá o I Mercado Navideño de Época, inspirado no ano 1900. O horario de apertura será de 11 a 15 horas, e de 17 a 23 horas, e a entrada é gratuita. Os visitantes poderán adquirir alimentos, coiro, bisutería, e obxectos navideños inspirados nesa época.

 

Non está nada mal!! Pasádeo ben, nós non imos perder unha!