NOVAS

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING EDICIÓN 3

Publicado o 13 de Febreiro de 2023

É un programa integral de FORMACIÓN E MENTORING promovido pola XUNTA DE GALICIA en colaboración co CIXUG e vai destinado ás persoas mozas de entre 18 e 30 anos, inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que remataran estudos de grao/posgrao, formación profesional superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial.

O obxectivo do programa e mellorar ás habilidades e competencias das persoas participantes, así como as súas expectativas para acadar un emprego, a través do apoio permanente dun equipo de persoas titoras, dun equipo de docentes expertos e, sobre todo, dunha rede de persoas mentoras procedentes do propio empresariado de Galicia, que lles ofrecerán asesoramento e apoio profesional á medida ao longo das actividades do programa.

O prazo de solicitude estará aberto entre o 10 de febreiro de 2023 ás12:00 horas e o 10 de marzo de 2023 ás 23:59 horas, e conta cunha oferta máxima de 250 prazas.

O enlace a través do que as personas interesadas poden inscribirse é o seguinte: https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/