NOVAS

Proxecto "CROWDFUNDING" en Narón

Publicado o 30 de Xaneiro de 2013

A Asociación de Emprendedoras da Comarca de Ferrolterra, AECOFE, presentou onte no Concello un futuro proxecto para implantar en Narón: Proxecto "CROWDFUNDING".

A Asociación de Emprendedoras da Comarca de Ferrolterra, AECOFE, presentou onte no Concello un futuro proxecto para implantar en Narón: Proxecto "CROWDFUNDING".

Trátase dunha iniciativa novedosa e pioneira en Galicia e en España, según indicou Ana Armada, presidenta de AECOFE. Os representantes do Concello, o alcalde José Manuel Blanco e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recibiron esta proposta de forma positiva, calificándoa como importante e interesante para Narón, quedando pendentes de facer un estudo sobre as posibilidades de financiamento que ten esta idea.

Pero, sabedes que é o Crowdfunding? O ‘Crowdfunding’ é un proxecto que busca coñecer o interese que xenera un produto ou servizo antes de sacalo ó mercado, co fin de valorar a súa viabilidade e a do proxecto que se promove. Unha das características principais deste proxecto é o seu sistema de financiamento, a través de donacións de particulares que se convertirían en inversores do mesmo.

Os cidadáns poderían propoñer iniciativas (proxectos) nun espazo web, no que os internautas poderían votar as propostas –tal e como se fai nas redes sociais- e posteriormente os encargados do Crowdfunding as estudiarían e executarían.

Que vos parece a idea?