NOVAS

Que cousas vos sobran na casa? "Mercado de 2ª man" no Trece

Publicado o 29 de Novembro de 2012

Se tedes na casa cousas que vos sobran, que non usades e queredes sacar uns cartiños para estas datas nas que toleamos cos agasallos o vindeiro domingo 23 de decembro celebrarase o "I Mercado de 2ª man" no recinto feiral do Trece (Sedes), con entrada de balde.

Se tedes na casa cousas que vos sobran, que non usades e queredes sacar uns cartiños para estas datas nas que toleamos cos agasallos o vindeiro domingo 23 de decembro celebrarase o "I Mercado de 2ª man" no recinto feiral do Trece (Sedes), con entrada de balde.

Neste mercado poderedes vender e mercar obxectos usados a prezos asequibles. Estará aberto de 11:00 a 14:00 h da mañá e de 16:00 a 19:00 h da tarde.

A participación neste mercado tamén é gratuita. Está xenial!! Se vos interesa podedes descargar o impreso de inscrición na páxina web do Concello: www.naron.es. Haino que cubrir e entregalo no Rexistro Xeral do Concello en horario de mañá. Tamén pode recollerse o impreso no mesmo momento da inscrición.

As condicións? Os participantes deberán ser maiores de idade, e ser particulares (non está permitida a participación de comerciantes nin vendedores ambulantes). Non se admitirán animais, produtos alimenticios ou bebidas. Poderanse vender artículos coma: roupa, xoguetes, libros, discos, xogos da Play, pelis, etc…

O número máximo de participantes neste Mercado de 2ª man é de 70 vendedores. Cada un deles disporá dunha mesa e unha cadeira no seu posto. Apuntádevos xa!!

E para os amantes das cousas curiosas ademáis, haberá unha exposición de 40 radios antigas, propiedade de Francisco López Carreira, adquridas entre os anos 1929 e 1970.

E para os lambóns, hai algo? A organización sorteará dúas cestas de Nadal entre tódolos presentes. Ñam, ñam!