NOVAS

"Qué me dis!!": 4ª edición do Concurso de Monólogos en lingua galega

Publicado o 09 de Abril de 2013

Qué me dis!! Digo, digo...

Xa temos unha nova e divertida edición do Concurso de Monólogos en lingua galega do Concello de Narón: "Qué me dis!!"

O Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación (dirixida por Mª del Carmen Espada) desenvolve dende hai xa varios anos este concurso que ten como finalidade promover entre nós o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías.

Como é a "historia"? Para participar tes que gravar un monólogo en formato video, que posteriormente se vai colgar na web do Concello (www.naron.es). Os videos teñen que durar como máximo 10 minutos e estar en formato mov ou mpeg/mpg. Para a súa gravación podedes utilizar videocámaras, móbiles, cámaras de fotos,...o que teñades a man.

Os temas a tratar? Calquera, sen ofender e discriminar. Pode ser humoristico, dramático, social... A única condición é que ten que ser en galego.

Tedes aberto o prazo para presentar os monólogos ata o 10 de maio ás 14:30 horas. Hai tempo! Poñede a materia gris a traballar!

Para presentalo tedes que encher este formulario na web do Concello: http://www.naronconcello.org/web/cat/gal/concurso-monologos/get/participar e adxuntar o arquivo en video do monólogo.

Seguro que estades a pensar en se hai ou non premio: haino! Pero non só un único premio, senón que vai haber tres premios de 100 €, 200 € e 300 €. Está moi ben, non?

Para calqueira dúbida ou consulta podedes darlle un toke á xente do Concello no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1516).

Sorte!! Agardamos pola vosa creatividade...