NOVAS

Que se escoite a nosa voz!!

Publicado o 21 de Febreiro de 2013

My World é un programa posto en marcha por varias organizacións de renome a nivel mundial: o Programa de Nacións Unidas para el Desenvolvemento, Campaña do Milenio das Nacións Unidas, o Overseas Development Institute e a Fundación World Wide Web.

Nacións Unidas e estas outras dúas organizacións queren coñecer a vosa opinión. Pero onde está a sede da ONU? A sede da ONU está en Manhattan, nos Estados Unidos. Se cadra, parece que non nos van escoitar por moito que berremos! Ou si? Para solucionar este problema espacial pensaron e pensaron, e subiron un portal á rede coa finalidade de coñecer as opinións da mocidade a nivel mundial: http://www.myworld2015.org/?lang=es

Neste portal chamado My World 2015 podedes respostar unha enquisa global para coñecer a vosa opinión naqueles temas que consideran prioritario para crear un mundo mellor. As opinións recollidas nestas enquisas daranse a coñecer aos líderes mundiais para que fagan unha nova axenda global de desenvolvemento.

Como é o mundo co que soñades? Facédello saber! Entre todos, igual conseguimos que nos escoiten, a nosa opinión tamén conta!