NOVAS

Rosalía de Castro: Charla coloquio e "Cantares Gallegos", organizado polo Concello de Narón.

Publicado o 04 de Marzo de 2013

O salón de actos da Biblioteca Municipal do Alto acollerá hoxe ás 20:00 horas unha Charla-coloquio sobre Rosalía de Castro, a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, catedrático de Literatura.

A súa última publicación foi "Rosalía de Castro, a persoa e a obra, de onte a hoxe" (2011). A entrada é libre.

Este acto está organizado polo Concello de Narón, con motivo da conmemoración do Día de Rosalía en Narón -celebrado o pasado domingo 24 de febreiro- coincidindo con 150 aniversario da publicación da súa obra “Cantares Gallegos”.

Ademáis, o Concello de Narón repartirá esta semana un centenar de exemplares deste clásico da nosa literatura nos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e nas asociacións de veciños do municipio.

Como mola!! Se tedes tempo achegádevos á Biblioteca, poderedes coñecer un pouco máis a esta singular muller galega.

Vémonos á tardiña!!