NOVAS

Roteiros Mergúllate na Rede Natura: outra promo co Carné Xove

Publicado o 18 de Marzo de 2013

Amig@s de Dameuntoke! Vós sabedes onde queda o Val Miñor?

Para os que non o saibades, aquí vos deixamos a entrada na Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Val_Mi%C3%B1or

Agora que xa estamos máis situados, temos que dicir que é un dos lugares máis chulos de Galicia, sen dúbida merece a pena coñecelo! O mellor é coñecelo de forma activa, coñecer un Val Miñor distinto, non só sol e praia, senón tamén:

  1. os seus espazos e paisaxes naturais protexidos (os LIC Rede Natura Illas Estelas e Esteiro de Ramallosa, Monteferro ou o ENIL, Complexo Dunar Praia América Panxón);
  2. o seu amplo patrimonio arqueolóxico (petróglifos e castros de Panxón),
  3. etnográfico (cruceiro da Santa Trindade S.XV, pontes románicas, muíños, hórreos, petos de ánimas)
  4. e cultural internándonos na cultura mariñeira, mostrando actividades marisqueiras e poxas na lonxa.

 

Que mellor oportunidade que aproveitar algunha das promocións do Carné Xove!

Esta promoción Roteiros Mergúllate na Rede Natura vainos permitir disfrutar do Val Miñor mentres facemos as seguintes actividades deportivas: Kaiak, Surf e Sendeirismo.

As instalacións onde vai estar ubicada a base desta actividade son as do Bungalow Cámping Praia América:

  1. Situada en Praia América, no municipio de Nigrán, a 15 Km de Vigo.
  2. Cafetaría, autoservicio, aparcadoiro, salas de estar, TV e vídeo, biblioteca, parking, sala de xogos, pistas polideportivas, piscinas, recinto axardinado,internet inalámbrico (Wi-Fi), etc

 

O número de prazas dos que dispón esta oferta:

  • Grupos de 30 persoas por cada fin de semana.
  • Mínimo de 15 persoas.

 

As datas de realización

  • Fins de semana de Abril e Maio.
  • Xuño, Xullo, Agosto e Setembro tamén entre semana.

 

As Actividades previstas:

  1. Ruta de Sendeirismo Orientación na Rede Natura de Monteferro.
  2. Ruta Interpretativa O Ecosistema Dunar Praia América Panxón.
  3. Avistamento de aves na Foz do Miñor, outro espazo Rede Natura.
  4. Gynmkana Mariñeira na vila Real de Baiona. Descubre a súa historia.
  5. Actividades mariñeiras: visita ás bateas, lonxa e marisqueo de a pé.
  6. Ruta en kaiak
  7. Surf na praia de Patos.

 

Para asistir teredes que levar o seguinte equipamento:

  1. roupa de abrigo, útiles de aseo persoal e unha toalla, o seguinte:
  2. Calzado cómodo
  3. Chuvasqueiro
  4. Gafas de sol
  5. Protector solar
  6. Viseira

 

O prezo da actividade cubre:

  • Pernocta e aloxamento en Bungalows de 5 persoas entre o venres á tarde e o domingo á tarde.
  • Manutención completa (cea do venres; almorzo, xantar e cea do sábado e, almorzo e comida do domingo).
  • Actividades con monitores biólogos especialistas en educación ambiental e monitores de cada especialidade deportiva.
  • Materiais para as distintas actividades tales como prismáticos, compases, mapas, chalecos, neoprenos, etc

 

A cota de inscrición co desconto do Carné xove é de 96 euros.

Se vos decidides e queredes máis información ou inscribirvos:
babadiva.ambiental@gmail.com ou no móbil: 618 32 00 33.
Máis información: http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/marzo2013/Programa_Mergullate_na_Rede_Natura.pdf