NOVAS

Samaín 2012 no Centro Cívico de San Mateo

Publicado o 31 de Outubro de 2012

Mañá non hai clase nin hai que ir traballar

así que hoxe podemos saír de troula. Tedes algunha idea?

No Centro Cívico de San Mateo celebran hoxe, día 31 de Outubro, o Samaín 2012 con obradoiros de cabazas, contos do samaín e unha procesión de luces e tebras. Tedes medo da oscuridade?

Esta actividade comezará a partires das 18:00 horas e está organizada polo Padroado de Cultura de Narón, en colaboración coa Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos.

As espeluznantes actividades que van ter lugar neste Samain 2012 son as seguintes:

  • Exposición e Obradoiro de Cabazas.
  • Obradoiro de Maquillaxe.
  • Contos do Samaín a cargo da Compañía “Os Quinquilláns”
  • Comitiva de luces e tebras.
  • Obradoiro do medo.
  • Música tradicional

 

Mórremos por ir ao obradoiro do medo, non si? E que me dicides da comitiva de luces e tebras? Glups! Terrorífico!