NOVAS

Sedes, unha aldea, unha parroquia exemplo de traballo comunitario rural

Publicado o 27 de Xaneiro de 2012

A parroquia de Sedes no noso Concello reclamará diante das institucións europeas, estatais e autonómicas o seu dereito a manter de maneira estable a escola operativa como garantía dos servizos educativos de proximidade no medio rural.

A parroquia de Sedes no noso Concello reclamará diante das institucións europeas, estatais e autonómicas o seu dereito a manter de maneira estable a escola operativa como garantía dos servizos educativos de proximidade no medio rural.

O Grupo de traballo veciñal de Sedes dará continuidade ao seu Plan de promoción divulgación e defensa da Escola Rural de Sedes denominado " 90 anos de escola rural en Sedes e... mil primaveiras máis". Este plan de promoción naceu durante os anos 2008 e 2009 onde este grupo de traballo foi explicando a importancia da escola para unha comunidade rural e logrando que a Xunta reabrira a escola pechada no curso anterior.

O próximo sábado día 28 entregarase un documento con máis de 350 sinaturas que representa o noventa por cento das familias da parroquia no edificio administrativo da Xunta de Galicia situado na praza de España de Ferrol. Este documento ven a suscribir e apoiar o acordo do pleno do Concello de Narón, promovido xa no ano 2011 pola ANPA do Colexio Agrupado de Narón, no que se solicitaba a implantación de ciclos de primaria nas escolas de Sedes, Pedroso e Castro, a conservación e mantemento da calidade de medios, así como a dotación de mestres.

Así mesmo, está programada a presencia nun Encontro sobre Escola Rural a nivel autonómica que haberá proximamente, e non se descarta viaxar a Bruselas para visibilizar a demanda dunha pequena aldea como a de Sedes.

Dende Dameuntoke queremos dar o noso apoio a parroquia de Sedes e o esforzo dos seus veciños e veciñas.