NOVAS

Solicitude de medios e instalacións para asociacións xuvenís: Campaña de Verán 2013

Publicado o 03 de Abril de 2013

Xa está aberto o prazo de solicitude de uso dos medios e instalacións dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para este verán do 2013.

Non sempre as asociacións xuvenís dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para desenvolver as súas actividades. A Campaña de Verán 2013 ten por obxecto facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro. O período de tempo que terá vixencia esta campaña é do 15 de xuño ao 30 de setembro.

Quen pode facer a solicitude? Esta convocatoria vai dirixida ás seguintes entidades:

  1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
  2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
  3. Corporacións locais.
  4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
  5. Grupos de mozos e mozas galeg@ non asociad@s que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.

 

O uso das instalacións suporá poder contar cos seguintes servizos:

  • auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa;
  • material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas;
  • xerencia e persoal de servizo.

 

O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 18 de abril.

Se pertencedes a unha asociación xuvenil, podedes aproveitar e solicitar o uso das instalacións ofertadas. Deixámosvos toda a información nos arquivos adxuntos a esta nova. Descargádeos para estar 100% informados e que non se vos escape ningún dato para facer a vosa solicitude dentro de prazo e con toda a documentación correctamente presentada.

A mocidade naronesa necesita das vosas actividades!!