NOVAS

Tes unha bici que xa non usas? A tua vella bicicleta vale un sorriso

Publicado o 11 de Decembro de 2012

Esa bici que tes tirada no faiado oxidándose... cóllea!

Trae, trae...

Hai en marcha unha campaña de recollida de bicicletas usadas, está promovida polo Concello e vanse ver beneficiad@s os nenos e nenas de familias necesitadas de Narón. Se ti, amigo ou amiga de Dameuntoke, queres doar a tua vella bici poderás facelo ata o 21 de decembro nos coles de Narón, e ata o 28 de decembro na Casa do Concello (en horario de mañá).

Quen vai repartir logo as bicicletas? O equipo de Educación Vial ocuparase de distribuir posteriormente as bicicletas entre os nenos/as dos colexios de Narón que as necesiten.

Por que xurde esta iniciativa? Esta iniciativa xurde logo de constatar que, nos últimos tempos, víñanse dando nos colexios casos de nenos e nenas que non dispoñían de bicicleta para poder realizar as saídas programadas polo Equipo de Educación Viaria do Concello.

Se sobra algunha bici non penses que se van tirar, as que sobren vanse doar a entidades sociais e ONGS.

Lembra: "A tua vella bicicleta vale un sorriso"!