NOVAS

Últimas prazas na Escola de Música Moderna, na Ludoteca municipal e en actividades do Programa Municipal de Educación Extraescolar

Publicado o 14 de Outubro de 2022

A responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, a edil Mercedes Taibo, anunciou que aínda quedan prazas libres para algúns servizos e actividades municipais ofertados dende o citado departamento.

En concreto, indicou que no caso da Escola de Música Moderna están dispoñibles dúas prazas para as clases de batería –luns ou venres- e catro para as de guitarra –luns e mércores ou luns e martes- e tamén horarios libres nas Aulas de Ensaio –os luns, martes, venres e sábados-.

            Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina poden anotarse aínda menores para as sesións dos luns, mércores e venres nos grupos de 3 a 6 e de 7 a 12 anos; nas dos martes e xoves nesas mesmas edades e tamén no grupo dos luns e martes de 2 anos.

            En canto ao Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex), aínda quedan dúas vacantes para menores de 12 a 14 anos en Robótica educativa e unha para alumnado de 8 a 11 anos en Robótica educativa para a infancia. Taibo apuntou que tamén hai algunhas prazas libres para anotarse nos obradoiros Coro da Capo –de 16 a 35 anos- e no Coro Peque Solidarium -6 a 15 anos-. Neste mesmo programa quedan prazas para o obradoiro de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Infantil e Primaria –cuarto de infantil e quinto de Primaria- e tamén en tres grupos das Escolas de Familias –os mércores no Centro Cívico Social do Alto, e os xoves e venres no Centro Cívico Social da Solaina-.