NOVAS

Un novo número da revista Dameuntoke Narón

Publicado o 31 de Maio de 2012

Moita información e de primeira man. O novo número da revista Dameuntoke Narón (26 páxinas) contempla unha reportaxe sobre a visita que realizamos ao parque temático do mundo rural Aldea Nova, e na área medioambiental do Río Xuvia e Pedroso.

A informática e as novas tecnoloxías ocupan un espazo nesta revista, cunha información sobre normas para definir a identidade dixital, e para conseguir redactar adecuadamente os SMS e os e-mails.

Tamén se fai unha selección de libros recomendados para a xuventude, e que están dispoñibles na Biblioteca Municipal de Narónconsellos útiles para atopar unha vivenda en aluguer, e as axudas dispoñibles.

Ademáis, a revista anima á mocidade a asociarse e recolle todos os pasos necesarios para constituirse oficialmente coma asociación. Finalmente, a publicación remata cunha selección de actividades realizadas dende a Concellería de Mocidade ó longo deste curso 2011-2012, coma os obradoiros de graffiti e de música polifónica.

Sen dúbida é un dos números máis completos que nas seguintes semanas publicaremos en formato dixital. Animámosvos a recoller un exemplar na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX, situada no 1º andar do Concello), no Pavillón Polideportivo de A Gándara, na Biblioteca Municipal de O Alto, no Centro Municipal de Formación e no Pazo da Cultura. Ademáis, proximamente se repartirá esta revista entre o alumnado de Educación Secundaria (ESO) e Bacharelato dos centros de ensino de Narón.

A revista Dameuntoke Narón e o proxecto de comunicación directa coa mocidade de narón é un proxecto impulsado pola Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida.

Esperamos que sexa do voso agrado!