NOVAS

Universidade: axudas por causas sobrevida

Publicado o 18 de Marzo de 2013

Están convocadas as axudas destinadas a estudantes universitari@s que cursen estudos conducentes aos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012-2013, nas universidads galegas e que teñan unha necesidade urxente de recursos económicos, por causas imprevistas que lles dificulten a continuidade dos seus estudos

As condicións para poder optar a estas axudas:

  1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista: orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar.
  2. Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o ano académico 2012-2013.
  3. Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir 5.108,60 € (425,72 € mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  5. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Se tedes pensado solicitar estas axudas, sabede que tedes de prazo ata o 1 de setembro de 2013.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED433A

Se queredes ter máis información, podedes consultar o DOG do 6 de marzo de 2013 e atopar máis datos en www.edu.xunta.es