NOVAS

VÉRTIGO 2013

Publicado o 22 de Xaneiro de 2013

Vértigo 2013

Amigos e amigas de Dameuntoke, tedes o Carné Xove, non si? Pois aquí tedes unha nova oferta por ser usuarios: Vértigo 2013

Vértigo? Eu non teño vértigo!! Moi ben, pois se non tedes vértigo igual vos molan estas actividades: escalada, rappel, tirolina extrema, paintball...

Todos os fins de semana dende febreiro ata a última semana de abril, poderedes disfrutar desta promoción. É tempo dabondo!!

A incorporación á actividade producirase os venres dende as 20:00 horas, e a saída será os domingos despois das 17:00 horas.

Que inclúe a promoción?

  • Réxime de pensión completa dende a cea do venres ata o xantar do domingo.
  • Aloxamento en albergue. É necesario traer saco de durmir, roupa de aseo , roupa deportiva,...
  • Actividades a realizar durante o fin de semana: escalada, rappel, tirolina extrem, circuíto multiaventura en altura, liga de paintball,
    tiro con arco.
  • Sábado noite: velada chillout con barra libre de rocketfuel.
  • Incluído o seguro de responsabilidade civil, monitores e IVE.

 

Canto costa esto? Se tedes o Carné Xove, só tedes que pagar 69 euros.

Ollo! Hai prazas limitadas: 30 por fin de semana e o prazo de inscrición remata 5 días antes do inicio do fin de semana correspondente. Necesitades presentar a fotocopia do DNI, xustificante do pagamento e fotocopia do Carné Xove en vigor. En caso de cancelación: non se devolven os cartos.

Para máis información podedes chamar a: 610 550 524 - 676 727 261; visitar a web da empresa organizadora: www.naturmaz.com ou mandar un email a: info@naturmaz.com

Se sodes despistados e aínda non tedes o Carné Xove, podedes informarvos sobre como obtelo na OMIX do Concello de Narón, sita na 1ª pranta do edificio municipal, no seu teléfono 981337700 (ext 1103), ou no correo: omix@naron.es