NOVAS

Xa chegou a primaveira! Xa chegaron as flores!! Coidado coas alerxias!

Publicado o 18 de Marzo de 2013

Cantos de vós sodes de campo? Pois se cadra, interésavos a IV Feira da Maquinaria Agrícola, Xardinería, Horta e Árbores Froiteiras e Ornamentais que se vai celebrar os días 23 e 24 de marzo no Recinto Feiral do Trece. Esta feira está organizada pola Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón.

Se queredes ir dar unha volta, tede en conta o horario: de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas.

Non vos costa nada só chegar ao recinto porque a entrada é de balde. Ademáis vanse sortear diferentes agasallos entre os asistentes ao longo dos dous días.

E se chove? Non vos preocupedes polo tempo, está todo baixo control. A organización ten xa cubertos os 800 metros cadrados da nave do Trece, e tamén a superficie exterior. O clima non pode coa xente de Narón!

Os expositores confirmados son os seguintes:

  1. Talleres Casiano;
  2. López Golpe, S.L.;
  3. Floristería Peonía;
  4. Vivero Ártabro;
  5. Viforsa, S.L..;
  6. Macgyver;
  7. Cooperativa de O Val;
  8. Floristería La Vie en Rose;
  9. Xardín Fene;
  10. e Fermaco.

Os participante proceden de diferentes municipios da provincia: Valdoviño, Vilarmaior, Carral, Órdenes, Culleredo, Narón, e Fene.

Xa soan os tractores!! Brrrrrummmmm!!!