NOVAS

Xa sabemos quen son os gañadores do III Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’

Publicado o 14 de Decembro de 2012

Entregáronse onte os premios correspondentes ó III Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ convocado co obxecto de difundir a riqueza paisaxística, cultural e social do municipio de Narón.

Entregáronse onte os premios correspondentes ó III Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ convocado co obxecto de difundir a riqueza paisaxística, cultural e social do municipio de Narón.

A imaxe gañadora é propiedade de Angela López Nuñez (veciña de Fene) e reflexa o anoitecer no Mosteiro do Couto. Foi premiada cun cheque por valor de 600€. (É a foto que acompaña este artigo).

O segundo premio foi para José Antonio Serantes Varela (de Narón) quen presentou unha imaxe da Praia Lopesa, e recibíu un  cheque por valor  de 300€.

E o terceiro premio o conqueriu Luis Botana Pérez (de Ferrol) cunha fotografía en branco e negro, da ponte sobre o río Xuvia. O seu premio foi de 150 €.

Estas tres imaxes, xunto con outras 9 seleccionadas polo xurado entre as participantes, formarán parte dun calendario do ano 2013 que próximamente editará o Concello de Narón.

Bueno fotógraf@s de Dameuntoke, agardaremos ao ano próximo para intentalo de novo! Noraboa aos premiados!