NOVAS

XVI Trofeo de Bateis "Cidade de Narón"

Publicado o 28 de Marzo de 2013

Booooooga, boooooga mariñeiro,...¿Certame de canto? Non.

A Ensenada de A Gándara acolle este sábado o XVI Trofeo de Bateis ‘Cidade de Narón’ na que van participar 15 clubs da zona norte de Galicia. O Clube de Remo Narón organiza a 5ª Regata da Liga Territorial Norte de Bateis, celebrando ó mesmo tempo o XVI Trofeo de Bateis "Cidade de Narón" na Ensenada de A Gándara entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Como xa dixemos, está prevista a participación aproximada de 15 clubes da zona norte, contando coa presenza de máis de 250 deportistas repartidos en equipos. cada equipo está formado por catro remeiros e un patrón. Para que non se diga que somos machistas en Narón, sabede que van competir equipos de tódalas categorías, tanto femininas como masculinas. E como continuidade da política de fomento ao deporte base no noso Concello realizarase unha regata de alevíns se as condicións climatolóxicas o permiten.

Ao remate das regatas farase entrega de trofeos na Cervecería O Mariscador, contando coa presenza da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Remo Narón, Nacho Cabana Leiras.

Se queredes coñecer algo máis a este clube "mariñeiro" podedes visitar a súa webhttp://www.clubderemonaron.com/

Xa temos comprometida a tarde do sábado!! Boooga, boga mariñeiro....