NOVAS

XXIV Gala do Deporte de Narón

Publicado o 27 de Novembro de 2012

Xente de Dameuntoke, o venres pasado, 23 de novembro, á noitiña celebrouse no Pazo da Cultura a XXIV Gala do Deporte do Concello de Narón.

o venres pasado, 23 de novembro, á noitiña celebrouse no Pazo da Cultura a XXIV Gala do Deporte do Concello de Narón. Nesta gala como xa sabedes, recoñécese a labor da xente do deporte en diversas modalidades, que van dende a colombofilia ata o atletismo, por poñer dous exemplos.

Onde foi esto? Foi no Pazo da Cultura estivo cheo ata a bandeira nun acto presentado por Alfonso López, e presidido polo Alcalde Xosé Manuel Blanco, acompañado de Natalia Hermida, Concelleira de Deportes.

Quen escolleu aos premiados e premiadas? O xurado estivo composto por José Valencia, Xoan Galego, Alfonso López, Santi Rey e Xan Morales todos eles periodistas de profesión; e polos licenciados en INEF: José Sordo, José Luis Tuimil e Miguel López.

E logo, a quen lle deron os premios? Os agasallados e agasalladas co galardón ao mellor deportista nas diferentes modalidades deportivas, tanto no deporte de base como na competición, foron os seguintes:

  • Atletismo: Lidia Casal, do Clube Ría de Ferrol como mellor deportista da especialidade e Claudia Rojo do Ría de Ferrol como mellor deportista de base
  • Automobilismo: Miguel A. Lago  e Miguel Vidal do Lago Competición
  • Baile deportivo e de competición: Como mellores deportistas, David Díaz  e Lara Quintela, do Club Baile Deportivo Narón e como mellores deportistas de base: Iago Area e María Amorós, tamén do Club Baile Deportivo Narón.
  • Baloncesto: Marcos Sanesteban, do Club Baloncesto Narón como mellor deportista e Rubén Durán como mellor promesa, pertencente á Agrupación Deportiva Santiago Apostol
  • Balonmán: Alicia Fernández, xogadora do Club Balonmán Porriño
  • Colombofilia: Nicolás Rey, do CC Mariñas Altas de Narón
  • Esgrima Antiga: Efrén Faraldo, da Asociación Naronesa de Esgrima Antiga
  • Fútbol: O mellor deportista da especialidade foi Jorge López Méndez do CD As Pontes, e o mellor deportista de base: Marcos Rivero da SD O Val.
  • Fútbol sala: Eduardo Saavedra do Burela FS como mellor deportista, e mellor promesa: Martín Madriñán do Cidade de Narón
  • Golf: O mellor deportista da especialidade foi Pablo Villar do Club de Golf Campomar, e a mellor deportista de base: Clara Dopico Espada, do mesmo clube.
  • Judo: O mellor deportista foi Pablo Trillo, do Bitácora de Ferrol.
  • Karate: O mellor deportista foi Iván Vázquez e o galardón á mellor promesa foi para Aitor Vidal, ámbolos dous pertencentes á Escola Superior de Kárate de Narón
  • Motocilcismo: O mellor deportista foi Adrian Hermida, de Primera Línea Racing Classic Club
  • Natación: O mellor deportista foi Lorenzo Ortiz do AD Náutico Narón e como mellor deportita de base Nicolás Duque do Marina Ferrol
  • Pádel: A mellor deportista foi Isabel Domínguez e a mellor promesa Silvia López, as dúas do Pádel Narón.
  • Piragüismo: Outra rapaza, Carlota Ameneiro do Club Piragüismo Narón foi recoñecida como mellor deportista, e Rui Santalla, como mellor promesa, tamén pertencente ao mesmo clube.
  • Rallye-Slot: Alejandro Montero, do SCRD Scalextric Club Ferrolterra foi recoñecido como mellor promesa
  • Remo: A mellor deportista foi Claudia Marina e a mellor promesa foi Adrián Agrás, os dous do Club de Remo Narón
  • Silvestrismo: O mellor deportista Jesús Ángel Faraldo Ares, do Club Cazadores A Faísca
  • Tenis de Mesa: O mellor deportista foi Adrian Vidal do club Narón Tenis de Mesa e a mellor promesa foi Belén Sañudo, do mesmo clube.
  • Tiro con Arco: O mellor deportista foi Alberto Blázquez do Arco Narón e o mellor deportista de base foi Óscar Sabuz, tamén do Arco
  • Tiro olímpico: Como mellor deportista recoñeceuse a Darío Piroscia do Club de Tiro Olímpico El Castro
  • Triatlón: O mellor deportista foi Brais Canosa do Arcade Inforhouse Santiago e a mellor promesa foi Sara Guerrero Manso, do Náutico Narón-Vista Óptica
  • Voleibol: Como mellor promesa, Thalia Córdoba e como mellor deportista, Alejandro Romero, os dous do Voleibol Narón
  • Ximnasia Rítmica: Como mellor promesa foi premiada Sara Cuesta e como mellor deportista Olalla Prieto, as dúas do Acordes Narón

 

Nada máis? Os recoñecementos non quedaban ahí, tamén houbo as seguintes mencións a outros deportistas:

  • Sergio Trillo Valerio da Federación Galega de Judo, como mellor promesa
  • Samuel Paz Cidoncha, atleta do Clube Afflelou de Narón, á mellor traxectoria deportiva
  • Juan Domínguez Lamas, futbolista do Deportivo da Coruña, pola súa proxección deportiva
  • Jesús Varela Rodríguez, adestrador do Baloncesto Narón, como mellor adestrador
  • Honorato Cipriano Muiño do Cidade de Narón de Fútbol Sala polo traballo, dedicación deportiva e humana ao longo de moitos anos no noso Concello
  • Andrés Gómez Pérez, do Narón Balompé CF polo traballo, dedicación deportiva e humana ao longo de moitos anos no noso Concello
  • David Mouriz Dopico, do Aldasa Anfiv de Vigo, pola participación nos XIV Xogos Paralímpicos de Londres 2012. O alcalde, no seu discurso tivo palabras para el: "... quero destacar neste punto a participación do naronés David Mouriz nos Xogos Paralímpicos de Londres, pois acadou unha brillante 5ª posición coa Selección Española de Baloncesto." (De David xa falaramos en Dameuntoke, hai unhas semanas: ver).
  • Diego Rivas, do CF Elche, polo seu ascenso á Segunda División de fútbol
  • Lidia Mesías Espiñeira, do Burela FS, pola súa internacionalización no fútbol sala
  • Pádel Narón, como mellor clube do Concello neste 2012

 

E que máis dixeron as autoridades? Natalia Hermida, a Concelleira de Deportes destacou deste 2012: "...que é a primeira vez na historia do noso concello que houbo naroneses que acadaron unha praza nos Xogos Olímpicos e nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012...moi poucas son as persoas que logran ese soño. Un soño que só se pode acadar con esforzo, sacrificio e tesón. Todos nos podemos imaxinar o que significa chegar ata aí e vivir ese momento."

E o alcalde? O alcalde, Xosé Manuel Blanco, tamén tivo unhas palabras, das que destacamos as seguinte reflexións sobre a Gala e o deporte naronés: " ...non están todos os que son, pero si son todos os que están...Para o Concello de Narón é moi importante o deporte de competición, porque leva o nome da nosa cidade por toda España. Pero igualmente importante é o deporte base, no que se forma aos nosos mozos e mozas. É a canteira da que sairán as próximas xeracións, que están chamadas a construír o futuro de Narón.

Pero que nervios tiveron que pasar, non? Pero quen gañou, quen gañou? O colofón final foi o nomeamento por unanimidade de Iria Grandal García do Arco Narón, como mellor deportista do ano 2012 do Concello de Narón. De Iria, o alcalde Blanco no seu discurso destacou: "...nos fixo sentir especialmente orgullosos. Iria converteuse neste ano 2012 na punta do iceberg do deporte naronés..."

Dende Dameuntoke queremos felicitar a todos os participantes e galardonados desta XXIV Gala do Deporte por ter acadado tantos éxitos, pero non esquezades que, como dixo Natalia Hermida no seu discurso: "...con retos ou sen eles, o máis importante é que gocedes do deporte e da convivencia e valores que este vos achega."

Canto queda para as próximas Olimpiadas? Imos correr un pouco?