SAÚDE

Nutrición

Unha boa alimentación vai repercutir de xeito salientable no noso organismo e polo tanto debemos aprender a comer dun xeito san para que o noso corpo non sufra posibles trastornos e podamos ter unha mellor calidade de vida.

A adolescencia é unha época na que se configuran e asentan moitos comportamentos futuros. Por iso, na adolescencia deben adoptarse hábitos que favorezan o gozo dunha vida coa mellor saúde na idade adulta.

A NIVEL MUNICIPAL

Estase traballando coa comunidade educativa e coas familias por medio dos talleres de alimentación saudable nos que podemos aprender a confeccionar menús saudables, a previr trastornos alimenticios e diferentes consellos proporcionados por profesionais que nos poden servir de gran axuda.

Programa "Concello Saudable": actividades que tratan de promover hábitos saudables na poboación. Abarcan diferentes accións de educación para a saúde para traballar nos máis diversos ámbitos.

Máis información: Servizo Sociocomunitario (Concello de Narón. Praza de Galicia nº1). Tlf: 981337700

A NIVEL AUTONÓMICO

Consellería de Sanidade a través da su web de espazo saudable ofrece diferentes documentos e información sobre educación para a saúde: seguridade alimentaria, sanidade ambiental, estilos de vida saudables, condutas de risco para a saúde na mocidade, etc.

Máis información: www.sergas.es

A NIVEL ESTATAL

O Ministerio de Sanidade realiza diferentes accións e campañas que inciden no consumo de produtos alimenticios saudables.Nestas ligazóns encontrarás información de interese:

Axencia Española de Seguridade alimentaria e alimentación A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Alimentación (AESAN) é a institución clave no noso país para calquera asunto relacionado coa alimentación e a seguridade dos alimentos.

É un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Sanidade e Consumo e a súa misión consiste en protexer e promover a saúde pública, contribuíndo a que os alimentos destinados ao consumo humano sexan seguros e garantindo a súa calidade nutricional.

Organización mundial da Saúde

TRASTORNOS ALIMENTICIOS

Os trastornos nos comportamentos alimentarios, entre os que se inclúen a anorexia e a bulimia, constitúen un problema para a saúde, que xera preocupación na sociedade e nas administracións sanitarias.

Isto xustifica as actuacións que o Ministerio de Sanidade e Consumo están desenvolvendo e que responden tamén a iniciativas parlamentarias aprobadas no Congreso dos Deputados e no Senado.

Son alteracións graves do comportamento alimentario nos que ademais aparecen: alteracións na percepción da forma e imaxe corporal, influencia excesiva do peso e da silueta na autoevaluación e unha alteración na percepción do peso.

Existen varios tipos de TCA, os máis coñecidos son:

  • Anorexia Nerviosa. É un trastorno grave no que aparece un desexo irrefreable e intenso de adelgazar, medo a engordar e un rexeitamento a manter un peso corporal igual ou por riba de límites saudables.
  • Bulimia Nerviosa. É outro trastorno grave no que se dan dous compoñentes principais: por unha banda episodios de inxestión voraz de alimentos, que son vividos pola persoa que os sofre con angustia e como unha perda total de control sobre os propios impulsos. Por outra banda, aparecen condutas compensatorias inapropiadas e prexudiciais para a saúde, que se levan a cabo por crer que impiden gañar peso.

A anorexia e a bulimia son trastornos graves nos que non só aparecen o medo á gordura e os desexos de estar máis delgado, tamén se dan outras características como non gustarse a si mesmo e non aceptarse, illarse dos amigos e da familia e sufrir moitas consecuencias físicas perigosas para a saúde, entre outras.

Ademais, na actualidade están aparecendo tamén formas atípicas de desordes alimentarios que, sen cumprir os criterios de anorexia e bulimia, son igualmente moi perigosos e poden ser o paso previo para desenvolver un trastorno de alimentación.

As causas tanto da anorexia como da bulimia son múltiples e moi variadas e normalmente é difícil identificar en cada caso que foi o que precipitou o trastorno.

Máis información
Axencia española de seguridade alimentaria e alimentación

Asociación bulimia e anorexia da Coruña
Oficinas centrais da Asociación de anorexia e bulimia da Coruña
R/ Rubine nº 6-4º Iz
15004- A Coruña
Tel/ Fax: 981 160462
Correo electrónico: ASABAC@terra.es

Centro de día
ABAC-Fundación Doctor Vidal Ríos
Canceliña 1, baixo
15011 A Coruña
Tel.: 981 239 141
Fax: 981 237 578

Horarios de información: de 17:00h. a 20:00h.
Teléfono de urxencias: 618 331 096

Asociación de anorexia e de bulimia de Galicia
Urbanización A Cepeira. Rúa de Muros 72, A. Roxos-Villestro. Santiago de Compostela.
Teléfonos: 637087977/637087999/637087489
Correo electrónico: info@abagal.org