NOVAS

Convócanse axudas para proxectos culturais e de formación non regulada para o ano 2011.

Publicado o 29 de Agosto de 2011

O Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais convoca para o ano 2011 axudas para proxectos culturais e de formación non regulada.

O Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais convoca para o ano 2011 axudas para proxectos culturais e de formación non regulada.

Poderán optar a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que actúen como promotores e organizadores de proxectos culturais pertencentes ao campo teórico ou de edición de publicacións e proxectos que apoien programas específicos de formación non regulada.

Prazo de presentación de solicitudes: trinta días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOE.
Máis información: BOE de xoves 18 de agosto de 2011.