NOVAS

O Club Atletismo Afflelou, ascende á 1ª División Nacional Masculina

Publicado o 26 de Xullo de 2011

O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, ofreceu unha recepción institucional ó equipo masculino do Club Atletismo Afflelou Narón, polo seu ascenso á 1ª división nacional nesta categoría.

O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, ofreceu unha recepción institucional ó equipo masculino do Club Atletismo Afflelou Narón, polo seu ascenso á 1ª división nacional nesta categoría.

O rexedor felicitou á directiva e corpo técnico do Club, e sobre todo ós deportistas por ter acadado este importante logro. “O Club Atletismo de Narón foi un dos primeiros clubs que houbo na nosa cidade, xunto co de Natación, e vos sodes o resultado dun trballo feito ó longo de moitos anos” lembrou Xosé Manuel Blanco.

O Alcalde agradeceu ó Club Atletismo Afflelou o seu ascenso á primeira división nacional masculina, que contribuirá “a levar o nome de Narón por todo o estado”. Ademáis, Xosé Manuel Blanco lembrou que este municipio é unha referencia para toda Galicia non só na cultura senón tamén no deporte.