NOVAS

Programa Erasmus para Mozos Emprendedores

Publicado o 30 de Agosto de 2011

O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores é un programa de intercambios transnacionales que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países da Unión Europea.

Programa Erasmus para Mozos Emprendedores é un programa de intercambios transnacionales que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países da Unión Europea.

O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con empresarios experimentados durante as cales os novos emprendedores poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. Os anfitrións benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados. A estancia está parcialmente subvencionada pola Unión Europea. Tanto se acabas de crear a túa empresa coma se contas cunha longa experiencia, o programa pode ofrecer un gran valor engadido ao teu negocio: entre as súas posibles vantaxes atópanse o intercambio de coñecementos e experiencias ou a oportunidade de establecer unha rede de contactos en Europa e novas relacións comerciais, así como de acceder a mercados estranxeiros.

Máis información.