Outubro 2017
Acción a favor do clima: CLIMATHON!
Que é o Climathon 2017? É un hackatón global de 24 horas sobre o Cambio Climático que se vai a desenvolver o vindeiro 27 de outubro de 2017. Este evento serve de punto de encontro entre as persoas que queren achegar ideas e solucións e os desafíos climáticos das diversas comunidades.
Nesta loita global todas as ideas contan e poden ter moito valor.
XI Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias: "Interactuando no tempo libre"
Os vindeiros 3, 4 e 5 de novembro temos unha cita no Albergue Xuvenil de Gandarío, no Concello de Bergondo, en A Coruña nestas xornadas organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
A Asociación de Jóvenes Empresarios organiza unha xornada de Networking coa colaboración do Concello de Narón
O Concello de Narón colabora coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) nun novo encontro entre empresarios, emprendedores e autónomos que se celebrará o vindeiro 27 de outubro no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros.
Concerto de A Banda Do Garaxe: venres no Café Teatro do Pazo
Mozas e mozos!! Esta "finde" estamos moi, moi musicais! O sábado imos ao obradoiro de rap sen dúbida, pero...o venres temos que dar unha volta e reviravolta e ir ver a A Banda Do Garaxe!
Obradoiro de rap: sábado 21 na Praza de Galicia
Ei, mozas e mozos de gozades co hiphop e o rap! O vindeiro sábado 21 temos unha cita en Narón, na Praza de Galicia a partires das 17:00 horas.
En Narón imos celebrar o Día das Bibliotecas con diversas actividades
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, deron a coñecer os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas.
O vindeiro sábado, 21 de outubro, instalarase unha carpa na Praza de Galicia na que se desenvolverán numerosas actividades en horario de mañá e tarde.
Presentámosvos a Nara de Narón!
O Concello presentou hai uns días un vídeo e unha web dirixidos a alumnado de educación Infantil con información e actividades relacionadas coa cidade. Vémola?
Espectáculos para público infantil e familiar nos últimos meses do 2017!
O Pazo da Cultura e o Auditorio municipal acollerán ata finais de ano varios espectáculos dirixidos a público familiar e infantil, imos logo?
As Escolas Culturais Municipais de Narón amplían unha semana o prazo de matrícula
As persoas interesadas en matricularse nas Escolas Culturais Municipais dispoñen dunha semana máis de prazo para tramitar as súas solicitudes. O período para anotarse amplíase ata o vindeiro 13 de outubro.
INSCRICIÓNS
Terceira edición do "Ponte en ruta con nós"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou a terceira edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, organizado polo Padroado de Deportes de Narón.
As asociacións e entidades sen ánimo de lucro xa poden solicitar as subvencións convocadas desde o Concello para realizar programas sobre diferentes áreas
O Concello de Narón abre hoxe, día 5, o prazo de solicitude de subvencións dirixidas a asociacións e institucións de carácter social e outras entidades sen ánimo de lucro.