Novembro 2017
O Concello abre o vindeiro venres, día 1 de decembro o prazo de inscrición en Informática Divertida (INDI) que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición no programa municipal educativo Informática Divertida (INDI), dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 12 anos.
O proxecto Innova Narón, impulsado polo Concello, gañador do Premio Son Dixital
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu ao proxecto Innova Narón o primeiro premio do certame Son Dixital.
Máis de trescentos escolares de Narón e San Sadurniño participaron o venres na “IV Marcha Ciclista pola Igualdade”
A cuarta edición da Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a violencia de xénero foi un ano máis todo un éxito.
IV Marcha Ciclista pola Igualdade: as escolas de Narón e San Sadurniño unidas hoxe pola Igualdade
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presentaron onte a cuarta edición da Marcha Ciclista pola Igualdade.
Xornadas de Percusión Tradicional no Pazo
O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Asociación de Gaiteiros Galegos na organización dunhas Xornadas de Percusión Tradicional.
NARÓN EN NEGRO | Narón adhírese á campaña “En negro, contra as violencias”
A corporación local de Narón aprobou por unanimidade no pleno extraordinario do 8 de novembro a adhesión do Concello ao protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña “En negro, contra as violencias”.
O Concello iniciou o sábado pasado na Gándara unha nova edición do programa Prazas Vivas
A praza da Gándara foi a ubicación elixida para iniciar este ano o programa Prazas Vivas. A iniciativa constará dun total de nove obradoiros que se impartirán –en función do espazo- en cinco zonas do núcleo urbán e tres do rural da cidade.
Os obradoiros son de participación libre e de balde e serán sobre Grafite, Baile, Circo e puzles xigantes, Chapas, Participación na carroza, Deslizamento, Xincana deportiva, Globoflexia e Pintacaras.
“Luz crepuscular poco es de fiar”, hoxe charlamos no Pazo sobre Ciencia
Un total de 502 alumnas e alumnos de institutos de Narón e comarca acudirán hoxe, luns día 13, a unha charla sobre “Luz crepuscular poco es de fiar” que impartirá o profesor de Física Teórica da USC Javier Mas.
Xa está en marcha unha nova edición de Música Xove Emerxente
O certame Música Xove Emerxente ten como obxectivo ofrecer aos novos grupos musicais galegos oportunidades para promocionar a súa creatividade, para establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións.
Quen pode participar?
Emprego e emprendemento: visitas de formación en Galicia e Portugal
Esta iniciativa formativa consiste en seis xornadas de visitas de formación en empresas de distintas zonas da xeografía galega e unha estancia visita de formación de catro días de duración en Portugal.
Coincidindo coas xornadas e estancia visita de formación, haberá encontros sectoriais a pequena escala onde establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
Formación para o emprego e o emprendemento: FORMATour
FORMATour ten como obxectivo a formación en varias habilidades transversais potenciadoras do emprego e que fortalecen o emprendemento da mocidade. A iniciativa combina actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching.
Aberto o prazo de presentación de obras ao “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón”
Mozas e mozos artistas de Narón! Xa temos en marcha unha nova edición do concurso de pintura da nosa cidade!
O Padroado da Cultura do Concello de Narón convocou a novena edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”. A alcaldesa da cidade e presidenta do organismo, Marián Ferreiro, presentou o certame, ao que se poderán presentar obras ata o 10 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00, no Pazo da Cultura.