Agosto 2018

  • O Concello abrirá en setembro o prazo de inscrición nas Escolas Culturais e Deportivas municipais

    gym-512873_640R.jpg

    As persoas que desexen matricularse nalgunha das Escolas Culturais ou Deportivas municipais, a través do Padroado da Cultura ou do Servizo Municipal de Deportes, poderán facelo a partir do vindeiro 10 de setembro nas oficinas do Pazo ou do Pavillón Polideportivo da Gándara, respectivamente. Na área cultural ofértanse oito propostas do ámbito tradicional, dúas artísticas, a Escola de Formación Actoral e Bailes de Salón, a maiores das que na área de música e instrumentos se poden cursar a través da Asociación Cultural Musical Sementeira.

     
  • O prazo para presentar imaxes ao IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón permanecerá aberto do 17 ao 28 do vindeiro mes de setembro

    photographer-455747_640R.jpg

    O vindeiro 17 de setembro abrirá o prazo de presentación de imaxes á novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que as persoas interesadas en participar poderán entregar os seus traballos ata o vindeiro 28 de setembro, e animou á veciñanza de Narón e comarca a presentarse a este certame, que repartirá un total de 1.200 euros en premios.

     
  • Aberto o prazo de inscrición en oito cursos do programa Cemit e un taller xuvenil do Amtega que se impartirán en Xuvia

    Dameuntoke.jpg

    A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en oito cursos a través da plataforma Cemit.

     
  • Xuventude Crea 2018

    XuventudeCrea2018_DMTK.jpg

    Está na rúa unha nova edición do certame Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos.

    1. Aínda non coñeces Xuventude Crea?

    É un certame galego dirixido a mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia entre 16 e 30 anos. Este certame ten premios en cada especialidade: primerio de 3000 euros, un segundo de 1500 euros e un terceiro de 1000 euros.

     
  • Programa Tech Kids: Crea o teu personaxe de videoxogo ou película

    Personaje.jpg

    O vindeiro venres 14 de setembro na Aula CEMIT de Narón (Praza do Concello s/n) desenvolverasem un obradoiro de creación de personaxes de ficción. Esta actividade forma parte do programa TechKids do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia) coa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). 

    Se es un ou unha apaixonada dos videoxogos, cómics, manga ou do cinema e as series; ou desexas traballar creando este tipo de produtos...temos un obradoiro para ti!

     
  • Prazo de inscrición aberto en formación para persoas desempregadas

    DMTK_Cursos_2018.jpg

    Os cursos que se ofertan son os seguintes:

    • Xestión de almacén con certificación UNE de operador/a de carretillas e plataformas elevadoras.
    • Limpeza industrial.
    • Preparación obtención do Permiso C e o seu CAP.
    • Preparación obtención do Permiso D e o seu CAP.

    O prazo de inscrición xa está aberto e remata o vindeiro 17 de agosto ás 13:00 horas.

     
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar