Aberto o prazo de inscrición no obradoiro Enciclopedia mecánica que se celebrará na Axencia de Lectura municipal da Gándara

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_library-1666703_640.jpg

As familias que queiran inscribir aos seus fillos e fillas, de entre 6 e 12 anos, no obradoiro Enciclopedia mecánica, que terá lugar o 10 de abril ás 18.00 horas na Axencia de Lectura municipal da Gándara, poden facelo dende onte, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos da Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.

A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que esta proposta se enmarca nas actividades programadas polo Concello con motivo do Mes do libro, que inclúen outras propostas tamén na Biblioteca e na Ludoteca municipal da Solaina. Neste caso a escritora Arantxa Serantes, autora do libro O valor das ideas: a precursora do libro electrónico, pequena biografía de Ángela Ruíz Robles, encargarase de impartir o obradoiro. Na sesión recrearase o invento de Ruiz Robles, a enciclopedia mecánica, considerada precursora do libro electrónico.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar