Aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar a unha praza de Técnico de Promoción Económica e programas de Cooperación

Versión para impresoraEnviar a un amigo
firma_23062021_dameuntoke.png

As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro 17 de xullo (incluído).

O Concello aprobou a inclusión na bolsa de traballo deste ano dun posto de técnico de Promoción Económica e programas de Cooperación (Grupo A2), para o que se requerirá a titulación de Grao en Económicas, Administración e Dirección de Empresas ou equivalente.
O concelleiro responsable da área de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que aquelas persoas interesadas en presentar as solicitudes poden facelo ata o vindeiro 17 de xullo (incluído) no Rexistro do Concello de Narón –na planta baixa- ou a través da Sede Electrónica de Narón, no enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/PublicacionTabs.aspx?tab=7&id=2583&t=BP&x=GcWxOiHmuaiIPQpL8QPNmw.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar