Aberto o prazo para entrar no Xuventude Galicia Net

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Xuventude Galicia.net

O macroencontro terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago entre o 26 e 28 de marzo no que constitúe a undécima edición da party.

Xuventude Galicia Net ofrecerá multitude de competicións de videoxogos e cursos. "Unha das grandes novidades desta undécima edición é a apertura de portas aos obradoiros. Deste xeito poderán participar neles todas as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento", explica a web da festa.

Novas metodoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou software libre serán algún dos temas a abordar en relatorios e obradoiros.

A web do evento explica que cómpre introducir os datos persoais no formulario e logo pagar no banco antes de 48 horas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar