Aberto o prazo para inscribirse no VII Concurso de Tapas de Entroido

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R-3081989_640.jpg

A Concellaría de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na sétima edición do Concurso de Tapas de Entroido. Os establecementos interesados en adherirse a esta iniciativa poden facelo ata o vindeiro martes, 19 de febreiro. Para iso, teñen que formalizar a súa inscrición a través dos correos promocioneconomica@naron.es e narongastronomico@naron.es, ou no teléfono 981 337 700 [ext. 1063]. 

Os locais participantes terán que ofrecer á clientela unha tapa doce ou salgada con produtos típicos do Entroido e, se o desexan, tamén outra de libre creación. As tapas deberán ofrecerse de balde á clientela entre o xoves 28 de febreiro e o mércores 6 de marzo. Estableceranse 4 premios: dous por votación popular e outros dous por un xurado, ademais de sortear 5 ceas entre os clientes dos locais participantes que emitan o seu voto.

Con esta acción, a Concellería de Promoción Económica pretende potenciar a actividade dos establecementos hostaleiros e, para contribuír a tal fin, editará material informativo e farase publicidade nos medios de comunicación e nas redes sociais. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar