Achegámonos ao mundo dos Cómics

Versión para impresoraEnviar a un amigo
viñetas.jpg

Durante estes días de agosto, en concreto do 9 ao 15, temos a oportunidade de adentrarnos no mundo dos comics grazas ao proxecto "Viñetas desde o Atlántico".

Este encontro celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde 1998. O festival é unha actividade que contempla exposicións, artistas invitados, e charlas e conferencias pretenden dar unha visión o máis ampla posible do mundo do cómic a nivel internacional.

Estas actividades eminentemente culturais compleméntanse coa feira de libreiros e editores. Tamén nela se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas. A entrada ás exposicións e conferencias, e o acceso á feira e as súas actividades son totalmente gratuítos.

Unha boa oportunidade para cambiar o chip do verán e facer novas actividades.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar