Actividades de nado libre no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Actividades na piscina de A Gándara

A piscina do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara abrirá o vindeiro lúns día 8 de marzo de 2010, exclusivamente para a actividade de nado libre, nos horarios que figuran expostos nos taboleiros de anuncios do dito Complexo Polideportivo.

Esta actividade será atendida exclusivamente por aqueles/as socorristas que non secundan a folga.

Para calquera dúbida ou información sobre os horarios disponibles tamén poderán chamar ó teléfono 981-38 75 22 en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas.

Horarios

  • Luns:         De 08,00 a 11,00 h. / De 15,15 a 16,45 h.
  • Martes:      De 08,45 a 13,15 h.
  • Mércores:  De 08,00 a 13,15 h.
  • Xoves:       De 11,45 a 13,15 h.
  • Venres:      De 08,45 a 13,15 h. / De 15,15 a 16,45 h. / De 21,30 a 23,00 h.
  • Sábado:    De 08,30 a 10,00 h.
  • Domingo:  De 08,30 a 14,00 h.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar