A alcaldesa recibiu esta mañá no salón de plenos aos escolares de centros europeos que participan no programa On your bike!

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R -Programa On your Bike.jpg

Uns oitenta escolares e docentes de colexios de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal iniciaron hoxe a súa estadía na cidade como participantes do proxecto europeo On your bike!, impulsado polo Centro de Formación de Recursos (CFR) de Ferrol e no que participa o equipo de Educación Viaria de Narón e os CEIP plurilingües Virxe do Mar e Ponte de Xuvia e o CEIP da Solaina. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe a unha representación dos participantes no salón de plenos, donde lles deu a benvida á cidade e amosou a satisfacción de “poder participar xunto con todas e todos vós neste proxecto, compartindo coñecementos e experiencias sobre educación viaria”. 

Ferreiro agradeceu a implicación do CFR de Ferrol, da comunidade educativa de Narón e do equipo de Educación Viaria por facer unha realidade esta iniciativa, organizada en Europa polo Consistorio de Cardiff (Gales) e no que os centros locais participan como socios, xunto co Concello de Narón. “Espéravos unha semana intensa de actividades, nas que continuaremos véndonos, e quero que a desfrutedes ao máximo e que aproveitedes tamén para coñecer a nosa cidade, donde sodes benvidos e benvidas”, asegurou a alcaldesa. 

Unha vez rematada a visita ao Concello os escolares desprazáronse ata a Biblioteca municipal, donde participaron en actividades vencelladas á biblioteca virtual, e a continuación á Praza de Galicia, donde bailaron e cantaron cun grupo de monitores. 

Na xornada de mañá visitarán o CEIP da Solaina, donde tanto os estudantes como os docentes europeos coñecerán as instalacións educativas –nas que se iniciou o traballo de educación viaria en colexios da cidade- e asistirán a un obradoiro de chapas. Unha sesión de robótica no tapiz educativo que estrearon no centro a pasada semana e un obradoiro de reparacións básicas en bicicletas –no que colabora o clube ciclista local Clásicos BikeWorks- completarán a programación de mañá. 

Ao longo da semana seguirán as visitas aos centros educativos que participan no programa, os CEIP plurilingües Ponte de Xuvia e Virxe do Mar. 

“O alumnado de Narón que participa neste programa ten unha excelente oportunidade para dar a coñecer o seu traballo e tamén tomar boa nota do que realizan noutros centros europeos”, asegurou Ferreiro, que destacou a implicación dos colexios da cidade e das familias de Narón con cantas iniciativas se impulsan desde o Concello en materia de educación Viaria.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar