Alumnado da Escola de Debuxo do Padroado participa mañá no Auditorio nunha clase maxistral do artista naronés Leandro Lamas sobre Castelao

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R-back-to-school-1576791_640.jpg

O Padroado da Cultura organiza a actividade Debuxando a Castelao, que terá lugar mañá, entre as 11.30 e as 13.30 horas, no Auditorio municipal. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que o recoñecido artista naronés Leandro Lamas será o encargado desta proposta, coa que se dará a coñecer aos nenos e nenas a figura do dramaturgo, debuxante, dramaturgo e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. “Todos eles poderán achegarse máis á súa persoa e tamén á súa obra e, ao mesmo tempo, aproveitar mellor a visita que programamos co alumnado da Escola de Debuxo do Padroado á exposición Castelao maxistral que se pode ver no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e a donde poderán ir o día 22 de febreiro”, indicou a edil.

Na actividade de mañá o alumnado da Escola de Debuxo recibirá unha clase maxistral de Leandro Lamas, podendo descubrir en primeira persoa como debuxou o artista de Rianxo as figuras que protagonizan as súas viñetas. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro e a edil de Cultura asistirán á actividade de mañá no Auditorio, que contará tamén coa participación da directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras, tal e como apuntou Espada.

A Escola de Debuxo de Narón conta este curso con máis de medio cento de alumnas e alumnos de entre 7 e 62 anos. Entre os meses de outubro e maio, ao igual que o resto de escolas do Padroado da Cultura, desenvolve a súa actividade, que culmina cunha exposición final aberta ao público. A monitora das aulas de debuxo é Carmela Cagiao. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar