As escolas do Padroado de cultura de Naron

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cultura.jpg

O Padroado da cultura do Concello de Naron, no seu labor de traballar pola cultura, ten en funcionamento Escolas de: Danza Tradicional (Infantil e Adultos), Gaita (Infantil e Adultos), Percusión Tradicional Galega (Infantil e Adultos), Pandeireta e Cantareiras (Infantil e Adultos), Teatro (Infantil e Adultos) e tamén Escola de Formación de Actores e Actrices (Adultos), Debuxo (Infantil), Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (Adultos), Zanfona (Infantil e Adultos), Baile de Salón, etc.

En cada curso rexistranse unha media de 1.000 alumnos que asisten a estas actividades, de aí que unha boa parte destas escolas teñan que ser descentralizadas, sendo impartidas as clases en diferentes locais sociais e en colexios públicos, debido á falta de espazo no Auditorio Municipal.

Estas escolas funcionan regularmente coincidindo co curso escolar, de outubro a xuño e dentro delas, cos alumnos e alumnas máis avantaxados, todos de idades que non superan os vinte anos, fórmanse grupos centrais, estando actualmente en funcionamento o de Danza, o de Teatro e o de Gaita.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar