As Pegadas obtidas nos Camiños Escolares Seguros deberán canxearse por agasallos ata o 15 de xullo

Versión para impresoraEnviar a un amigo
bicineno_30062021_dameuntoke.png

Preto dun centenar de establecementos participan neste programa, ofrecendo múltiples agasallos en función das “Pegadas” obtidas.

Os máis dun milleiro de rapazas e rapaces que participaron no curso 2020/2021 no programa municipal Camiños Escolares Seguros deben canxear as Pegadas obtidas por agasallos ata o vindeiro 15 de xullo (incluído). Ese último día, ás 00.00 horas, tal e como indicou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, os contadores das Pegadas poranse a cero de cara ao inicio, en setembro, do vindeiro curso escolar, para as nenas e nenos que acudan camiñando, en bicicleta ou en patinete ao colexio.

Para canxear os puntos por agasallos é preciso descargar o vale no que se contabiliza o total, podendo facelo a través da páxina: pegadas.naron.es ou da APP Pegadas Narón para a continuación validalo co equipo de Educación Viaria de Narón, no Concello, donde no caso de dispoñer do agasallo elixido xa llo entregarán á alumna ou alumno ou de non ser así, cuñarán o vale para poder recollelo no establecemento indicado. No caso de ter algunha dúbida poden contactar cos axentes do equipo de Educación Viaria de Narón, chamando aos teléfonos 666 438 222 ou 600 448 730 ou escribindo ao correo electrónico: seguridadevial@naron.es.

Preto dun centenar de establecementos da localidade participan neste programa municipal, ofrecendo múltiples agasallos aos escolares que se poden obter en función das “Pegadas” obtidas durante o curso.

O procedemento completo deste programa e o catálogo de agasallos pode consultarse a través tanto da páxina web como da aplicación do citado programa.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar