Axenda do 17 e o 18 de abril de 2021

Versión para impresoraEnviar a un amigo
nikola-bikar-BTxwgNaEwHc-unsplash (1).jpg

Esta fin de semana tes cita no Pazo da Cultura. ¡Non te perdas a axenda con toda a programación!

Sábado 17 de abril de 2021

Actividade: “Melancoholemia”

  • Hora: 20.00
  • Lugar: Pazo da Cultura

O actor Antón Reixa e a actriz Antela Cid son os protagonistas desta obra da compañía Con de Tres Pés SL. Reixa meterase na pel dun paciente dunha institución mental que recibe a convidados nunha sesión de portas abertas. As entradas dispoñibles ata completar o aforo poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Domingo 18 de abril de 2021

Actividade: “Don Gaiferos”

  • Hora: 18.00
  • Lugar: Pazo da Cultura 

A compañía Monicreques de Kukas trae a Narón este espectáculo para público familiar e infantil que protagoniza Don Faustino Santalicese e na que se conta a historia do peregrino francés Gaiferos de Monmartlán ata a súa morte aos pés do Apóstolo Santiago en Compostela. As entradas poden adquirirse ata completar o aforo no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar