Campamentos de verán 2010

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Campamentos de verán Galicia 2010

Hoxe martes 9 de marzo abríuse o prazo para inscribirse nos campamentos de verán 2010. Estes campamentos están dirixidos á mocidade (dende os 9 ata os 17 anos) co obxectivo de ofrecer actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, servindo non só para divertirse senón para o noso enriquecemento persoal e vital.

Os campamentos de verán tamén ofrecen a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía estatal a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas.

Tanto en campamentos como actividades, a mocidade galega poderá facer (segundo as súas idades) vela, participar en xogos tradicionais, en actividades de expresión corporal, surf, escalada, equitación, kaiak ou realizar travesías en embarcacións tradicionais.

O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo día 23 de marzo, que se poderán presentar tano por escrito como por vía telemática. De feito, sortearanse prazas de balde entre aqueles que opten polo dixital para facer a súa inscrición na campaña.

En concreto, as prazas distribuiranse en 18 instalacións, situadas en Bergondo (nos albergues de Gandarío e Mariña Española), Boiro (campamento de Espiñeira), Porto do Son (Virxe de Loreto), Melide (Furelos), Viveiro (Area), Portomarín (Benigno Quiroga), Ribadeo (A Devesa), Lugo (complexo LUG); Palas de Rei (Os Chacotes), Entrimo (Penedos de Xacinto), O Pereiro de Aguiar (Guillerme Brown), Coles (centro Equal), Ourense (Universidade Laboral), Esgos (Vilar de Ordelles), Bueu (Illa de Ons), Forcarei (Pontemaril) e Vilanova de Arousa (As Sinas).

As actividades, en función da ubicación do centro e da idade dos participantes, variarán entre marítimas (vela, táboa, canoa, kaiak, surf, piragüismo...), de coñecemento e deporte na natureza (equitación, tiro con arco, sendeirismo, bicicleta de montaña, escalada en rocódromo, etc), culturais (xogos tradicionais, teatro, unha "viaxe n o tempo" para coñecer a historia de Galicia e astronomía, entre outras).

Para máis información accede á web www.xuventude.net

Tamén podes descargar o D.O.G. onde encontrarás o impreso de inscrición

DocumentoTamaño
DOG_Campamentos_veran.pdf209.38 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar